Facultade de Informática de A Coruña

Saltar seleccción de idioma
Idioma actual:
Saltar o menú
Menú:

emprendedores

Na FIC promovese a iniciativa empresarial dos seus estudantes e profesores, como fruto de isto, xurdiron nos últimos anos diversas empresas de tecnoloxía entre as que podemos citar a ....

Torus Software Solutions

Torus Software Solutions é unha empresa de solucións de software de comunicacións ultrarrápido, que permite acelerar aplicacións en entornos donde o rendemento é crítico, en especial nos ámbito financieiro, o das telecomunicacións e a enerxía. Torus está participada pola UDC e a Fundación Barrié, así como por investigadores do Grupo de Arquitectura de Computadores da UDC. É o resultado das investigacións levadas a cabo polos promotores no campo das comunicacións de altas prestacións e do financiamento recibido pola Fundación Barrié a través do Fondo de Investimento Ciencia, mecanismo creado para axudar a valorización e comercialización de tecnoloxías xeradas nas Universidades e Centros de investigación Galego.

Torus aposta firmemente polo I+D e a súa aplicación aos sectores máis competitivos, así como a valorización comercial de tecnoloxías disruptivas mediante a súa transformación en productos únicos. Torus está comprometida co progreso económico e social de Galicia, tendendo pontes entre o mundo académico e o empresarial, e o recoñecemento profesional da Enxeñaría en Informática.

Torus Software Solutions

Kappowsky

KAPPOWSKY é unha empresa destinada a realización de aplicacións de tipo corporativa para Smartphones e de aplicacións con Xeolocalización para o interior dos edificios, o que denominaremos “ASPIE”: Aplicacións específicas para Smartphones de Posicionamiento no Interior de Edificios.

Para KAPPOWSKY o deseño de aplicacións corporativas supon moito mais que crear unha carta de presentación de unha empresa e gracias as modernas cualidades dos dispositivos móviles fai que unha aplicación corporativa sexa moito máis completa que unha simple páxina web, otorgándolles novas funcionalidades.

A característica máis innovadora de KAPPOWSKY é o desenvolvemento de unha idea que se bautizou como ASPIE. ASPIE permitirá usar o móvil para posicionarse e indicar rutas no interior dos edificios.

Kappowsky

Appentra

Appentra proporciona ferramentas software de calidade que permitan un uso extensivo das técnicas de computación de alto rendemento (HPC) en todas as áreas de aplicación da enxeñaría, a ciencia e a industria. Os clientes obxectivo de Appentra son empresas e organizacións que actualizan frecuentemente as súas aplicacións de cálculo intensivo en mercados como o aeroespacial, automoción, enxeñaría civil, biomedicina ou químico.

As ferramentas software de Appentra simplifican a programación multi-core e many-core debido a que reducen a necesidade de coñecementos e habilidades en técnicas de programación paralela e HPC, o que redunda nun aumento da produtividade dos seus clientes.

En Appentra, a investigación e o desenrolo é un valor estratéxico e a innovación é o motor para proporcionar novas solucións software HPC innovadoras que satisfagan as necesidades e melloren a produtividade dos seus clientes.

www.appentra.com

Trileuco Solutions

Trileuco Solutions é unha iniciativa empresarial galega, que proporciona servizos integrais de consultoría e solucións en Tecnoloxías da Información e as Comunicacións. A nosa labor abrangue todos os ámbitos da enxeñería informática, pero a traxectoria profesional dos promotores fai que a optimización de procesos de negocio sexa un ámbito de especial interese para Trileuco.

As nosas solucións incorporan tecnoloxías e estándares amplamente consolidados no mercado, xunto ás últimas innovacións en tecnoloxías emerxentes, sendo ademais o Software Libre un dos alicerces fundamentais dos proxectos que levamos a cabo.

A nosa innovación non se cinxe únicamente á tecnoloxía, e tamén facemos uso das últimas metodoloxías áxiles de desenvolvemento, buscando incrementar a nosa productividade tanto nos procesos de desenvolvemento como na interación cos nosos clientes.

TrileucoSolutions.com

appeiros

Appeiros Mobile Development S.L. é unha iniciativa empresarial promovida por estudantes Enxeñaría Informática da Universidade da Coruña coa intención estratéxica de desenvolver aplicacións para dispositivos móbiles intelixentes que permitan a comunicación e o acceso á información en calquera lugar e momento baseándonos nas principais plataformas de desenvolvemento para promover o seu uso sensato e universalización.

As nosas metas son:

O noso enfoque é a paixon pola tecnoloxía e a busca da excelencia no desenvolvemento de software en mobilidade, fundamentada na calidade, a innovación e a responsabilidade social.

Appeiros.com

teimas

Teimas e unha empresa creada por tres ex-alumnos da Facultade de Informática, que se dedica ao desenvolvemento de software orientada a produto. Desenvolve a súa actividade no sector medioambiental pero tamén inicia novos proxectos singulares noutros negocios. Sen dúbida, a pedra angular da sua actividade é o desenvolvemento de produtos ofrecidos coma servizo: SaaS.

teimas.com

trabe soluciones

Trabe Soluciones e unha empresa creada por catro ex-alumnos da Facultade de Informática, que se dedica ao desenrrolo de solucións software, a consultoría e a formación. Os seus desenrrolos orientanse ao entorno web, utilizando tecnoloxías innovadoras e software libre potenciando a estandarización, a accesibilidade e a usabilidade.

trabesoluciones.com

LambdaStream Servicios Interactivos

LambdaStream é unha spin-off de base tecnolóxica, creada a partir dun proxecto de investigación (VoDKA: Video-on-Demand Kernel Architecture) na que participan profesores, investigadores e ex-alumnos da Facultade de Informática. Desde o seu inicio, focaliza toda a súa actividade de I+D+i en obter plataformas robustas e innovadoras para a adquisición, codificación, cifrado, tratamento, almacenamento, distribución e presentación de contidos multimedia, centrándose especialmente nos sistemas distribuídos e disponibilidade, nos sistemas de streaming de vídeo e audio, nos sistemas de vídeo baixo demanda, así como na obtención de aplicacións, produtos, servicios e contidos interactivos para televisión dixital.

LambdaStream Servicios Interactivos

Igalia

Igalia é unha empresa de software fundada por varios ex-alumnos da Facultade de Informática (FIC), na que traballan actualmente máis de 20 enxeñeiros da FIC. A súa actividade pasa polo desenvolvemento de solucións baseadas en Software Libre, principalmente para administración pública e multinacionais tecnolóxicas dentro e fora de España. Igalia é unha organización cooperativista e asamblearia que desenvolve un modelo de negocio innovador, rentable e sostible ó redor do Software Libre.

Igalia

imaxin software

Imaxin|software é unha empresa formada en 1997 por catro ex-alumnos da FIC. Dedicada á consultoría e o desenvolvemento software conta con cinco áreas de negocio:

Imaxin software

SSIT Consulting

SSIT CONSULTING é unha empresa Consultora en Tecnoloxía adicada ó deseño e desenrrolo de Software con tecnoloxías de última xeración conxuntamente con Linguaxes, Técnicas e Metodoloxías avanzadas de Enxeneríade Software, deseño e implantación de Redes de Datos corporativas, Domiños de Rede e servizos de consultoría nas áreas de Software, Hardware e Networking, coma así tamén ó Deseño Gráfico aplicado a Identidades Corporativas, Sitos Web, e en xeral todo tipo de deseños gráficos.

SSIT Consulting

Nomasystems, S.L.

nomasystems é unha empresa de enxeñería dedicada ao desenvolvemento de software de comunicacións para contornas de telefonía móbil e fixa, proporcionando solucións a medida para cada cliente.

O noso ámbito de desenvolvemento está centrado nas aplicacións móbiles, solucións e servizos de telefonía, así como pasarelas de comunicacións e middleware de alto rendemento e dispoñibilidade.

A empresa fúndase no 2004 como unha spin-off da Universidade da Coruña, para levar ao mundo empresarial os resultados e o coñecemento adquirido polos seus socios fundadores durante máis de 10 anos de investigación e desenvolvemento no campo das comunicacións móbiles.

Desenvolvemos os nosos produtos coas premisas de innovación, fiabilidade e calidade. Avalan o noso traballo o coñecemento e a experiencia dos nosos profesionais, así como a plena satisfacción de todos os nosos clientes.

Nomasystems, S.L.

Avansig

Avansig é una empresa creada por dous ex-alumnos da Facultade de Informática (David Trillo Pérez e José Ignacio Lamas Fonte) que está especializada na enxeñería do software e que nace co obxectivo de ofrecer a administración e empresas servizos de consultaría tecnolóxica e desenvolvemento de software a medida baseados en tecnoloxías SIX (Sistemas de Información Xeográfica) FOSS (Free and Open Source Software)

O principal obxectivo da nosa empresa é propoñer e desenvolver a profesionais, empresas e organizacións solucións avanzadas en tecnoloxías da información e as comunicacións, co fin de mellorar os seus procesos de negocio e aportar carácter diferenciador a os seus produtos.

A actividade de Avansig está orientada a o desenvolvemento de software a medida, a I+D+I e a prestación de servizos dentro do campo das tecnoloxías SIX. Este campo, en constante crecemento e renovación, ten como principais clientes a administracións e empresas que utilizan as tecnoloxías SIX para incrementar e mellorar os seus procesos e capacidade de xestión, incrementar as súas ventas, aforrar custos e mellorar a súa competitividade.

As aplicacións e sistemas desenvolvidos por Avansig ofrecen solucións para o análise, xestión, procesado e publicación en Web de información cunha compoñente espacial, así como para a resolución de todo tipo de problemas relacionados coa organización territorial.

avansig.com

Easis

Easis é unha empresa galega que desenvolve e comercializa software e servicios relacionados coa actividade informática, arrancando como resultado da iniciativa empresarial dun grupo de Enxeñeiros formados na Facultade de Informática. Easis foi concebida cunha visión a largo prazo, baseada no talento e calidade dos seus empregados.

A innovación constante constitúe a nosa vantaxe competitiva a través da anticipación de necesidades, así como dunha inversión continua en formación.

www.easis.es

aCore

aCore é unha empresa de base tecnolóxica fundada por dous ex-alumnos da Facultade de Informática (actualmente cun terceiro ex-alumno coma novo socio).

A especialidade de aCore é a tecnoloxía de identificación por radio frecuencia, ou RFID, e a sua integración nos máis diversos ámbitos. Para elo, realízanse os desenrolos software necesarios en cada situación apoiados no hardware RFID máis axeitado en cada caso. O obxectivo principal de aCore é acadar sistemas completos, fiables, de calidade e que cumplan completamente os requisitos do cliente.

www.acore.es